|
Casa Grande de
Trives |
|
Comenzo A Casa Onde estamos Turismo e Actividades A Historia Ligazons A Historia A
Casa Grande de Trives foi fundada o século XVII por D. Antonio Pérez Mercero e
Dona Catalina Rodríguez Nieto. Dende entón esta casa pasou por diferentes
etapas, unhas mellores que outras, reflexo non só das distintas circunstancias
dos propietarios, senón que tamén pola historia da Pobra de Trives e en xeral
de Galicia. Como todos os pazos, ten a súa época de esplendor no S. XVIII, iniciándose logo un ha etapa de decadencia a partires de finais do século XIX e especialmente a mediados do século XX, co abandono definitivo de moito deles. No caso da Casa Grande de Trives a maior ferida produciuse en 1969 cando perde unha parte moi importante da súa estrutura, despois de estar moito tempo abandonada, pasado o cal a súa propietaria, Adelaida Álvarez Martínez recupera o control volvendo de novo a mans da familia tal como era desexo da súa avoa Adelaida González Prada (tras un longo período de preitos e numerosos problemas aos que se enfronta obtendo enerxía do amor á súa terra e ao que representa un estilo de vida que a nostalxia se empeña en preservar). Ante o estado de estar medio ruinoso, decide darlle vida de novo tomando como modelo o dos nosos amigos os portugueses e franceses que tanto nos animaron para iniciar en 1989 unha actividade que daquela practicamente era descoñecida en Galicia coñecido actualmente como: Turismo Rural (Turismo de Habitaçao, Chambres d'Hôtes)
(foto: Carlos Temes) Aspectos antes e depois da restauración. Galería do Patio antes e despois da restauración O
escudo da Casa Grande de Trives representa as seguintes armas: - Domínguez: De sinople con dous castelos de ouro unidos por unha cadea do mesmo metal e sumados dun aguia tamén de ouro que posa as súas garras en ambas torres centrais dos castelos. - Gayoso: En campo de azur, tres franxas de ouros e dúas troitas raiadas entre elas - Quiroga: En campo de gules, cinco estacas de ouro que simbolizan a orixe lendario desta liñaxe, cando un cabaleiro desta estirpe defendeu dos mouros o Val do Quiroga mediante estacas calzadas de ferro nas súas puntas - Losada: É unhas das representacións máis complexas que podemos atopar en Galicia, pois ademais da lousa e dos lagartos, aparece, como en Trives Vello e San Lourenzo, a figura dun cabaleiro, que no balso da Casa Grande de Trives se representa ademais matando a un dragón, como símbolo das alimañas desprazadas do solar de Quiroga polos míticos fundadores desta liñaxes, os irmáns Juan e Diego de Losada. Nesta casa viviron o famoso abade de Casoyo D. Juan Ramón Quiroga e Uría que foi nomeado Xeneral das tropas que combateron aos franceses en terras de Trives e Valdeorras, apoiando ao marqués de La Romana; e D. Juan Bernardo Quiroga que foi deputado nas Cortes de Cádiz e un dos pais da Constitución de 1812. La
Casa Grande de Trives
Situado
no centro urbano de P. de Trives, conserva actualmente a maior parte da súa
estrutura orixiinal. A fachada principal posúe dous balcóns corridos a ambos
lados do corpo central, onde se levanta a torre, entre cuxas ventás se atopan a
pedra de armas. Ten un patio central circunscrito con columnas e capela baixo a
advocación da Virxe do Carme, con campanario acoroado á fachada e un retablo
do século XVIII xemelgo da Casa da Peña, ambas capelas gozan do privilexio
episcopal de exposición do Santísimo. Cando se produce un feito histórico relixioso coma a vida dunha imaxe Xesús Crucificado a P. de Trives (que se venera na Igrexa parroquial de Trives) as auténticas e documentos son confiados a D. Juan Domínguez de Losada (en 1774). Un fillo deste señor casou na capela nos últimos anos do século XVIII con dona Joaquina Quiroa y Uría da Casa de Lamela en Quiroga. Irmáns de Dª Joaquina e que viviron neste pazo son o famoso Abade de Cayoso D. Juan Ramón Quiroga y Uría que foi nomeado Xeral das tropas que combateron aos franceses en terras de Trives e Valdeorras, apoiando ao Marqués de la Romana e D. Juan Bernanrdo Quiroga y Uría que foi deputado nas Cortes de Cádiz e un dos pais fundadores da Constitución de 1812.
A
Casa Grande de Trives foi fundada a mediados do século XVII por D. Anotio Pérez
Mercero e a súa dona Dª Catalina Rodríguez Nieto. Tiveron por dous fillos a Dª
Luísa Pérez Nieto, casada con D. Tomé Pérez de Santa María de Trives; D.
Domingo Pérez Nieto, presvístero; e D. Pedro Pérez Nieto que casou con Dª
Jacinta Domínguez de Gayoso Losada, filla de D. Juan Domínguez de Losada
Gayoso, seño da Casa da Peña de Manzaneda. Este matrimonio formado por D.
Pedro e Dª Jacinta non tivo descendentes, mais foron importantes fundadores de
vínculos. Dª
Luísa e D. Tomé tiveron por filla d Dª Josefa Pérez Nieto, que casou con D.
Juan Pérez, segue así a liña a súa filla Dª María do Carme Pérez Nieto
que casou con D. Juan Domínguez de Losada Gayoso Enríquez, herdando os vínculos
fundados por D. Pedro e Dª Jacinta. Era ese D. Juan, fillo de D. Baltasar Domínguez
de Losada y Gayoso, casado con Dª Rosa Enríquez del Valle, que era a súa vez
irmán de Dª Jacinta o fillo tamén do referido D. Juan Domínguez de Losada
Gayoso y Quiroga, señor da Casa da Peña. Nos
arquivos da Peña e a Casa Grande consérvanse árbores xenealóxicos da familia
a partires do S. XVI e un manuscrito co brasón
e despacho de armas das nobres e antigas casas e solares infanzonados dos
apelidos de domínguez, Quiroga, Losada y Gayoso, que son os representados na
pedra de armas da Casa Grande de Trives. Dª
Jacinta Pérez Nieto (irmá de Dª Mª del Carmen) será cabeza da Casa dos
marqueses De Trives, en canto que casada con D. Domingo Antonio Rodríguez
Casanova, resultan ser bisavós do primeiros Marqués de Trives. Os fillos de D.
Juan Domínguez Losada son pois, os curmáns do primeiro marqués de Trives. Ao
longo do S. XIX entronca tamén esta Casa coa dos Perán de Valdeorras, os Prada
Losada de San Lorenzo e os Casanova de Trives. Dª
Joaquina é filla de D. Joaquín Quiroga Losada, señor de Lamela e de Dª
Gertrudis Uría y Queipo, señora de Ivedo, os seus irmáns acadaron gran releve
na loita contra os franceses, por un lado D. Juan Ramón Quiroga e Uría,
conocido polo Cura Xeneral Quiroda, Abade de Casoyo e, doutro, D. Juan Bernardo
Quiroga y Uría, deputado das Cortes de Cádiz. Dáse
a circunstancia de que este D. Juan Bernanrdo, tan vinculado á casa Grande de
Trives, asina a constitución liberal de Cádiz, mentres o Marqués de
Castellano, antepasado do de Trives, subscribe case por entón a Constitución
Realista de Baiona. Por
liña de D. Juan Bernardo, entronca a Casa de Lamela coa dos Quiroga de Lusío,
a casar a súa filla Dª Ramona de Quiroga y Prado con D. Manuel María Vázquez
de Quiroga e Queipo de Llano. Deste xeito unha sorbiña de Dª Joaquina, señora
da Casa Grande de Trives, ostentará os títulos de Condesa de Torre Novaes e
Vizcondesa de Espasantes, e a súa sobriña neta, Dª María Manuela Vázquez
Quiroga e Queipo de Llano, terá o título da Condesa de Santo Martín de
Quiroga. A finais do S. XIX rómpese de maneira irregular o morgado, co que unha parte da Casa Grande de Trives e dos seus eidos, pasan a mans alleas á familia
|